Prográmame-UDIs 1.3.0 [free]

Description

Se es un docente que xa utiliza de Prográmame-UDIS de recursoseducativos.net, agora poderás ter acceso en todo modo momento ó que alí prepares e planifiques para a túa práctica docente na aula. Desde a APP de prográmame-UDIS poderás: - Navegar entre os diferentes cartafoles que teñas creados na aplicación online, tanto propios como compartidos, dentro das 4 etapas educativas que contempla. - Visualizar os elementos das diferentes UDIS que teñas creadas en cada cartafol. - Levar á práctica as semanas do teu diario de clase, xa que poderás ver o que tes planificado para cada sesión. O apartado correspondente situarase automáticamente no día actual da última semana creada. - Poderás aprazar aquelas sesións que non teñas tempo de levar a cabo na aula, e quedará automáticamente gardada nunha nova semana oculta dispoñible desde a aplicación online, para poder engadilos nas seguinte semana. - Podes facer o seguimento dos teus grupos de alumnos: controlar e xestionar as faltas do alumnado, escribir anécdotas e anotacións das reunións coas familias, todo esto directamente desde a App. - Poderás ver a evolución das faltas de asistencia do alumnado, sincronizadas, co calendario de aula online dispoñible na web. Podendo tamén modificalos e engadilos directamente desde a App. - Engade cualificacións e anotacións , para cada alumno ou alumna, nas probas que teñas establecidas no "caderno do docente" na aplicación online. - Cambia a fotografía de cada alumno/a empregando a cámara do dispositivo ou unha imaxe da galería. - Xera en pdf o perfil de área, competencial, táboas para a programación en currículo de cada cartafol. - Le os códigos QR dos teus alumnos/as (xerados en recursoseducativos.net) para acceder directamente ás súas fichas. Lembra que para empregar esta aplicación precisas ter un usuario e contrasinal (rexistro gratuito) na web www.recursoseducativos.net.

Old Versions

Free Download Download by QR Code
  • App Name: Prográmame-UDIs
  • Category: Education
  • App Code: net.recursoseducativos.programame
  • Version: 1.3.0
  • Requirement: 4.0.3 or higher
  • File Size : 6.6 MB
  • Updated: 2022-09-27